![]() |
|
![]() |
![]() |
Ensinanzas |
| Escola Infantil |
| Infantil |
| Primaria |
| E.S.O |
| Bacharelato |
| Garantía Social |
| Ciclos Formativos |
| E.S.P.A. |
| Centros |
| El Castro |
| San Miguel 2 |
|
Búsqueda Google |
OPERACIÓN COMERCIO
Comeza “operación COMERCIO”
neste novo ciclo non fai falla que teñas unha boa voz, nin bo tipo,
tan só gañas por encamiñarte un futuro.
Aprenderás cousas de interese que ainda que sexa da túa vida
cotián, nunca te paraches a pensar enlas. Porás a proba a
túa imaxinación e fantasía. E poderás demostrar
todo o que vales sen moito esforzo, xa que é fácil e sinxelo.
Anímate e vente para o ciclo de Comercio.
![]() |
CONTANOS BORJA
Enteireime de que existía este módulo por unha amiga que me
falara moi ben del. Ela estudou este módulo o ano pasado e agora
ten un traballo fixo. Desde o primeiro dia me din conta que este ía
ser un bo ano, e a verdade, estao a ser en tódolos xeitos. Nunca
me arrepentirei de ter estudado este ciclo, porque sei que gracias a él,
e con un pouco de esforzo poderei chegar a triunfar na vida.
UNHAS VETERANAS: ANGÉLICA E TANIA
A nosa chegada a Comercio foi un pouco extraña. Cando estábamos
no Instituto non tiñamos vontades de estudar e nunca ibamos á
clase e por iso tivemos que abandoar os estudos da ISO.
E matriculámonos nunha academia de Informática, por suposto
aí tamén perdemos o tempo.
Entón un día faláronos do Colexio San Miguel. Dixéronos
que tiñamos a posibilidade de facer unha Garantía Social,
que é un curso que che permite presentarte a unha proba de acceso
a Ciclos Formativos de Grao Meio.
Matriculámonos en Garantía de Oficina, aprobámola e
entón prensentámonos á proba de acceso. E aquí
estamos, dispostas a seguir adiante!¡Sempre hai outra oportunidade!
AINOA, ANGELA Y ESTEFANÍA
Comercio non é o que pensa moita xente, estar nun estabelecemento
detrás dun mostrador e cobrar. Un dependinte é moito mais
ca iso, é a persoa que che axuda a escoller o que realmente necesitas
e queres. Ó facer Comercio aprendes a tratar co cliente, potencias
a túa creatividade e moitas cousas que as verás se te matriculas
en Comercio...
MARTA FOI-SE A FACER PRÁTICAS
AO CORTE INGLÉS
Cando chegaría o momento? Era a pregunta.
Setembro, ó fin chegaba o momento que esperaba.
Despois de todo un curso preparándonos, que se Operacións
de Almacenaxe, Animación do Punto de Venda, Informática...e
moitas veces preguntándonos, serviranos todo isto para algo?.O principal
era que había que aprobalo e eu fixérao, e non con malas notas,
porque en realidade era interesante, e todo o que faciamos eran cousas que
podían ser reais. Así que imaxinación e a montar unha
axencia de viaxes na clase!.
A verdade era que o habíamos pasado moi ben durante o curso e despois
dun bon verán chegaba o momento de por en práctica todo o
que había aprendido, ¡e nada mais e nada menos que no Corte
Inglés!.
Primeiro día, e moitos, moitos nervios.
Era o primeiro día que nos íbamos a por de cara ó público.
Agora sí que había moitos nervios, que se a camisa, a saia,
as medias, os tacóns... ¡nin un sábado pola noite!
Mándante a unha planta e dentro desta póñente nun departamento.
No meu caso en “bolsos e complementos”, na planta baixa. Unha
vez alí o xefe de persoal presentoume a quen sería o meu xefe
de planta e entón presentáronme ás miñas compis.
Todas sorprendíanse de verme alí porque nunca antes un alumno
fixera prácticas no Corte Inglés.
Ó principio estaba perdida e tiña que preguntar case todo,
pero era cuestión dunha semaniña e estaba solucionado. Despois
era seguir a mecánica. Pola mañá chegaba mercancía,
había que revisar que estivese ben e había que colocala nos
andeis de forma que chamase a atención, as ofertas nos cabezais cos
seus respectivos carteis. Todo debía de estar moi ben colocadiño
e libre de pó para dar moi boa imaxe.
Despois había que adicarse a vender, vender e vender. En canto había
un cliente rondado polo teu departamento de forma educada había que
“entrarlle ” e venderlle algo, demostrando os teus propios argumentos:
que se é de pele de vacún, que o producto está de oferta
e non o pode desaprovechar, etc. A cuestión era sempre vender: quen
mais vende mais cobra. Aínda que este non era o meu caso porque eu
non ía cobrar nada, pero cada vez que vendía algo e o cliente
se ía contento e satisfeito coa súa compra, sentíame
moi ben. Había satisfeito a súa necesidade e agradábame,
e aínda mais se o cliente se ía dicindo: “moitas gracias,
moi amable”, cun sorriso na cara. Entón enchíame por
dentro. Foi o mellor das prácticas, tratar coas persoas, aínda
que tamén había “bordes” cos que había
que manter o tipo.
Cada día aprendía algo, a facer pedidos, deseñar carteis
no ordenador, dar artigos de baixa, e ó final do día, tocaba
facer caixa!.
Despois dun mes unha atopábase como na casa “era unha grande
familia”. As miñas compañeiras tratábanme como
a unha filla. De feito elas tiñan fillas da miña idade, eu
era alí a nena e sentíame moi ben. Ia facer as prácticas
encantada.
Despois de tres meses xa se acababa e tocaba o final. Era decembro e o día
11 rematában-se as práticas. Dous dias antes, o xefe de persoal
chamoume ó seu despacho e deu-me a grande noticia: ademais de me
dar unha tarxeta de regalo do Corte con 40 euros e de me cobrir as notas
cun EXCELENTE, fíxome un pequeno contrato, ¡qué alegría!.
Foi a recompensa.
Penso que nestas prácticas aprendín unha morea de cousas,
e traballar para O Corte Inglés dache prestixio e calidade.
Hoxe teño un traballo fixo. Despois de ter recebido uns cursiños
en Madrid estou a traballar na nova tenda que O Corte Inglés ten
en Vigo, chamada Sfera, e creo que son moi afortunada por facer algo que
me diverte e agrada e aínda porriba, ¡me pagan!.
Artigo feito polos alumnos do ciclo de Comercio do curso 2001-2002
Servicios |
| Transporte |
| Comedor |
| Biblioteca |
Información |
| Circulares |
| Titores |
| Zona Profesores |
| Menu Comedor |
Actividades |
| Deportivas |
_____________________________________________________________________________________________________________ |
© GRUPO EDUCATIVO
CASTRO - SAN MIGUEL 2003 |