Centros

San Miguel

Ensinanzas
Servicios
Información
Actividades
 
 
 
 

PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL

 

¿EN QUÉ CONSISTEN OS  PROGRAMAS de CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL( PCPI)?

Os P.C.P. I. son Programas de Cualificación Profesional Inicial, que substitúen ós P.G.S., a partires do curso 2008-2009 e que teñen como finalidade recuperalo alumnado que non acadou os obxectivos do ensino obligatorio (E.S.O.), axudándolles a superalas carencias formativas que diso derivan. Ofrecen formación básica e profesional que permite incorporarse á vida laboral ou continuar estudios posteriores de formación profesional específica de grao medio. Neste caso, o alumno terá que realizar unha proba na que demostre preparación suficiente para poder continualos estudios. Polo tanto, teñen como obxectivo a inserción social e laboral dos alumnos.

Os P.C.P.I. con respeto os antigos P.G.S. teñen unhas vantaxes:

  • Prácticas en empresas, trala superación das materias do primeiro curso.
  • Obtención da Cualificación Profesional de Nivel 1 ó rematares o primeiro ano (TITULACIÓN OFICIAL, a nivel europeo), que equivale a unha Formación Profesional Inicial.
  • Posibilidade e amplas facilidades para obter o título da E.S.O. cursando o segundo ano (voluntario).

 

Unha vez superado un P.C.P.I. o alumno ten a posibilidade de:

  • Acceder o mundo laboral .
  • Continuar o  2º curso para obter o título da E.S.O.
  • Presentarse ás probas de acceso a Ciclos Medios (Formación Profesional).

 

REQUISITOS PARA ACCEDER:

  • Poderán acceder aos Programas de Cualificación Profesional Inicial:  

Alumnado escolarizado con dificultades de aprendizaxe, que acepte o marco escolar e valore continuar a súa formación nun ámbito profesional, ou ben se atope en grave risco de abandono escolar.

Alumnado desescolarizado por abandono do sistema educativo ou por proceder doutros países, que desexe acceder ao mercado laboral coa acreditación dunha cualificación profesional básica.

Alumnado con necesidades educativas especiais asociadas a condicións persoais de discapacidade ou trastornos graves de conducta, que teñan cursada a escolarización básica en centros ordinarios ou en centros de educación especial, co fin de facilitar a súa inserción laboral. 
  • Os departamentos de orientación de cada centro informarán as persoas interesadas en cursar un Programa de Cualificación Profesional Inicial sobre a conveniencia da súa incorporación a estes. 

 

    • Poderá cursar ditos programas o alumnado que teña entre dezaseis e dezanove anos cumpridos dentro do ano do inicio do programa, que non obtivera o título de graduado en Educación Secundaria Obligatoria e non tivera cursado con anterioridade outro Programa de Cualificación Profesional Inicial.
    • Excepcionalmente, o límite inferior de idade podería ser de quince anos, para o alumno que tivera cursado segundo curso de Ensino Secundario Obligatorio, que non estea en condicións de pasar a  terceiro e que xa repetira unha vez na etapa.
    • Non se aplicará o límite superior de idade, nin o requisito de non terse matriculado con anterioridade noutro Programa de Cualificación Profesional Inicial para o alumnado con necesidades educativas especiais, destinadas a facilitar a integración social e laboral deste tipo de alumnado.

PROGRAMAS QUE OFRECE O CENTRO

Os P.C.P.I. poderanse desenvolver en grupo máximo de 12 alumnos, e a duración é dun curso, de setembro a abril, porque no mes de maio teñen prácticas en empresas. Os programas que ofrece o centro son: 

  • Actividades Auxiliares de Comercio
  • Servizos Auxiliares de Electrónica
  • Servizos Administrativos   

 

Todos os Programas teñen unha área formativa común e unha área específica propia da rama. A área formativa común componse das seguintes materias: 

  • MÓDULO: Competencia Comunicativa e Dixital
  • MÓDULO: Sociedade e Ciudadanía
  • MÓDULO: Iniciativa Persoal e Relacións Laborais
  • MÓDULO: Científico-Matemático   

SERVIZOS ADMINISTRATIVOS

 OBXECTIVOS XERAIS 

  • Realizar operacións de verificación e gravación de datos.
  • Transcribir, distribuir, reproducir e transmitir a información e documentación.
  • Arquivar a información e a documentación requeridas nas tarefas internas e externas administrativas e de xestión.
  • Realizar trámites elementais con documentos, conforme as instrucións, a normativa e os procedementos establecidos, de xeito coordinado e con criterios de calidade, productividade, seguranza e respeto polo medio.

 Nesta rama atopámonos diferentes módulos:

  • Módulo Específico: desenvolverán as competencias do perfil profesional e incluirán, como mínimo unha cualificación profesional completa don Nivel 1.
  • Todos estos programas contarán cunha fase de prácticas en centros de traballo. Ditas prácticas realizaránse no tercer trimestre do curso académico e ao que só poderá acceder o alumno que teña superado os restantes módulos obligatorios.  
  • Módulos formativos de carácter xeral: materias comúns.
  • Módulos formativos conducentes a obtención do título de graduado en educación secundaria obligatoria: 2º curso (voluntario).

Na área específica atopámonos cós seguintes módulos:

  • MÓDULO: Procesamento de Datos e Documentación
  • MODULO: Operacións Administrativas e de Comunicación
  • MÓDULO: Arquivo e Reprografía 
  • MÓDULO: Formación en Centros de Traballo

 

ACTIVIDADES AUXILIARES DE COMERCIO

OBXECTIVOS XERAIS

  • Preparar pedidos de xeito eficaz e eficiente, seguindo procedementos establecidos.
  • Realizar operacións auxiliares de reposición, disposición e acondicionamento de produtos no punto de venda.
  • Manipular e trasladar produtos na superficie comercial e no reparto de proximidade, utlizando transpalés e carretas de man.
  • Proporcionarlle atención e información operativa, estruturada e protocolizada á clientela.

Na área específica atopámonos cós seguintes módulos:

  • MÓDULO: Operacións auxiliares no punto de venda.
  • MÓDULO: Preparación de pedidos.
  • MÓDULO: Manipulación e movementos con transpalés e carretas de man.
  • MÓDULO: Atención básica á clientela
  • MÓDULO: Formación en Centros de Traballo

 

INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS E DE TELECOMUNICACIÓN

OBXECTIVOS XERAIS

Realizar operacións auxiliares na montaxe e mantemento dos elementos e equipos de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios e conxuntos de edificios, aplicando as técnicas requeridas en cada caso, operando ca calidade indicada e en condicións de seguridade.
Na área específica atopámonos cós seguintes módulos:

  • MÓDULO: Instalacións eléctricas e domóticas.
  • MODULO: Instalacións de telecomunicacións.
  • MÓDULO: Formación en Centros de Traballo

 

2º CURSO PCPI
ANO ACADÉMICO 2009-10

Presentación
O curso 2009-10 comeza o día 17 de setembro.

Requisitos de acceso

Poderá cursar programas de cualificación profesional inicial o alumnado que teña entre dezaseis e dezanove anos cumpridos dentro do ano de inicio do programa, que non obtivera o título de graduado en educación secundaria obrigatoria e non tivera cursado con anterioridade
outro programa de cualificación profesional inicial.
Para a formalización da matrícula no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial cumprirá ter superados todos os módulos do primeiro curso.

Horario lectivo

21 horas semanais en horario de mañá.
Os módulos voluntarios serán cursados no segundo ano e respectarán a carga horaria prevista para os módulos de nivel II da educación secundaria para persoas adultas.

Materias que se imparten

Os módulos conducentes á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria organizaranse en tres ámbitos de coñecemento: comunicación, social e científico-tecnolóxico.
O ámbito de comunicación incluirá os aspectos básicos do currículo das materias de lingua galega e literatura, de lingua castelá e literatura, e de primeira lengua estranxeira.
O ámbito social incluirá os referidos ás materias de ciencias sociais, xeografía e historia, e de educación para a cidadanía, así como os aspectos de percepción recollidos no currículo de educación plástica e visual, e no de música.
O ámbito científico-tecnolóxico incluirá aqueles referidos ás materias de ciencias da natureza, de matemáticas, e de tecnoloxía, así como aos aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de educación física.

Obxectivos xerais
O currículo para os alumnos/as que cursan o 2º curso de PCPI terá como finalidade a adquisición dos instrumentos necesarios para comprender o mundo que as rodea e, así, desenvolver as súas capacidades profesionais e comunicarse apropiadamente cos demais.
O logro desta finalidade hase favorecer mediante o desenvolvemento das seguintes capacidades:

a) Comprender e producir mensaxes orais e escritas con propiedade, autonomía e creatividade nas linguas galega e castelá e nunha lingua estranxeira, utilizándoas para a participación activa e plena na sociedade.

b) Interpretar e producir con propiedade, autonomía e creatividade mensaxes que utilizen códigos artísticos, científicos e técnicos, co fin de enriquecer as súas posibilidades de comunicación tanto no ámbito cultural como laboral.

c) Obter e seleccionar información utilizando as diferentes fontes nas que esta se atopa, tratala de forma autónoma e crítica, e transmitila de maneira organizada e intelixible.

d) Incrementar estratexias de identificación e resolución de problemas nos diversos campos de coñecemento e de experiencia, mediante procedementos intuitivos e de razoamento lóxico, contrastándoas e reflexionando sobre o proceso seguido.

e) Formarse unha imaxe adecuada de si mesmos, das súas características e posibilidades, valorando a súa vagaxe experiencial, o esforzo e a superación das dificultades.

f) Amosar actitudes solidarias e tolerantes, valorando as situacións nas que se deben realizar proxectos comúns e rexeitando todo tipo de discriminacións debidas á raza, ó sexo, á clase social, ás crenzas e outras características individuais, sociais e culturais.

g) Analizar os mecanismos e valores que rexen o funcionamento das sociedades, en especial os relativos ós dereitos e deberes dos cidadáns, elaborar suízos e criterios persoais amosando liberdade de pensamento e iniciativa.

h) Valorar críticamente as crenzas, actitudes e valores básicos da nosa tradición e patrimonio e doutros existentes, discernido a súa validez.

Analizar os mecanismos básicos que rexen o funcionamento do medio físico, valorar as repercusións que sobre el teñen as actividades humanas e contribuír á súa defensa, conservación e mellora como elemento determinante da calidade de vida.

l) Coñecer e valorar o desenvolvemento científico e tecnolóxico, as súas aplicacións e a incidencia no seu medio físico e social.

m) Coñecer e apreciar o patrimonio natural e cultural e contribuír activamente á súa conservación e mellora, entender a diversidade lingüística e cultural como un dereito dos pobos e dos individuos á súa identidade, e desenvolver unha actitude de interese e respecto de cara ó exercicio deste dereito.

n) Valorar as consecuencias dos actos e decisións persoais na saúde individual e colectiva, e os beneficios que suponían os hábitos saudables.

ñ) Combinar a cualificación técnica e profesional adquirida cun comportamento social e coa capacidade de afrontar e solucionar problemas.

2. A educación moral e cívica, a educación para a paz, para a calidade de vida, para a igualdade entre os sexos, a educación ambiental, a educación sexual, a educación do consumidor, a educación para o lecer, a educación vial e a educación para o mundo do traballo están presentes a través das diferentes áreas ó longo de todo o ensino básico para as persoas adultas.

Calendario

Módulo III

   A avaliación das ensinanzas correspondentes ao módulo tres de cada ámbito de coñecemento levarase a efecto desde a terceira semana de setembro ata a primeira semana de febreiro, ambas as dúas incluídas.
   Na última semana do mes de xaneiro (desde o 25 ata o 29) levarase a cabo a  avaliación global final do alumnado que estea cursando ensinanzas do módulo tres.
   A reunión de avaliación celebrarase o martes 1 de febreiro.
   A entrega de notas terá lugar o xoves 4 de febreiro.
  

O alumnado que non supere ou non sexa promovido ao módulo seguinte terá dereito a unha única avaliación extraordinaria na convocatoria da primeira semana do mes de maio (do 3 ata o 5).
Días non lectivos:
12 e 13 de outubro. Día do Pilar.
2 de novembro.
7 de decembro.
8 de decembro. Día da ensinanza.
Nadal ( do 23 de decembro de 2009  ata o 10 de xaneiro de 2010, ambos os dous inclusive).

Módulo IV

A avaliación das ensinanzas correspondentes ao módulo catro de cada ámbito de coñecemento levarase a efecto desde comezos da segunda semana do mes de febreiro ata o 22 de xuño de 2009.
Na terceira semana do mes de xuño (do 14 ata o 18) levarase a cabo a avaliación global final do alumnado que estea cursando ensinanzas do módulo catro.
A reunión de avaliación celebrarase o luns 21 de xuño.
A entrega de notas terá lugar o martes 22 de xuño.
Na primeira semana do mes de setembro (do 1 ao 3)  establécese o calendario de avaliación para as probas extraordinarias.
A reunión de avaliación celebrarase o luns 6 de setembro.
A entrega de notas terá lugar o martes 7 de setembro.
Días non lectivos:
Entroido ( 15, 16 e 17 de febreiro de 2010).
19 de marzo.
Semana Santa ( do 29 de marzo ata o 5 de abril de 2010, ambos os dous inclusive).
17 de maio. Día das Letras Galegas.

Reunións

Realizarase co equipo docente unha reunión mensual o segundo xoves de cada mes  de 16:30 ata as 17:30.

Titoría
O horario de titoría será os xoves desde as 12:45 ata as 13:45.

 

 

 
Elixe idioma
Departamentos
 
Búsqueda Google
Google

 
Menu Comedor
MENU MENSUAL COMEDOR
© GRUPO EDUCATIVO CASTRO - SAN MIGUEL 2003 WEBMASTER