¿Qué é a EPA?
A EPA é un curso dirixido a todas aquelas persoas interesadas en obter o título de graduado en educación secundaria, que facultará para acceder ao bacharelato e á formación profesional específica de grao medio.
¿Quen pode acceder á EPA?
Poderán matricularse na educación para adultos as persoas maiores de 18 anos ou que os cumpran ata o 31 de decembro do ano 2008.
Na educación secundaria, o alumnado que solicite matricularse no primeiro cuadrimestre do curso 2008/09, ha de ter cumpridos 18 anos ou cumprilos ata o 31 de decembro. No segundo cuadrimestre deste mesmo curso para matricularse ne educación de persoas adultas é necesario ter cumpridos 18 anos ou cumprilos ata o 30 de abril de 2009.
Poderán matricularse con carácter excepcional:
- O alumnado menor de 18 anos que acredite ter cursadas ensinanzas de adultos no ano académico 2007/2008.
- O alumnado que acredite ter cursado un programa de garantía social no curso 2007/08.
- As persoas maiores de dezaseis anos que o soliciten e que teñan un contrato laboral que non lles permita acudir aos centros educativos en réxime ordinario, ou as persoas que sexan deportistas de alto rendemento.
Datas e prazos de matrícula
As datas de inscrición para acceder aos módulos das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas serán:
- Ata o 15 de setembro de 2008 para o primeiro cuadrimestre.
- Ata o 15 de xaneiro do 2009 para o segundo cuadrimestre.
Duración dos módulos
A avaliación das ensinanzas correspondentes aos módulos tres e catro de cada ámbito de coñecemento levarase a efecto desde a cuarta semana de setembro ata a primeira semana de febreiro, ambas as dúas incluídas, e desde comezos da segunda semana do mes de febreiro ata o 30 de xuño, respectivamente.
Horario lectivo
21 horas semanais en horario de tarde.
Materias que se imparten
As materias que se imparten no centro son as seguintes: Matemáticas, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Lingua Galega, Lingua Castelá, Lingua Inglesa e O.C.P.C.
Avaliación
Os exames serán avaliados no propio centro educativo polos profesores que imparten as diferentes materias.
Presentación
O curso 2008/09 comeza o día 22 de setembro ás 16.30 horas.
Calendario
Módulo III
A avaliación das ensinanzas correspondentes ao módulo tres de cada ámbito de coñecemento levarase a efecto desde a cuarta semana de setembro ata a primeira semana de febreiro, ambas as dúas incluídas.
Durante os días 16,17,e 18 de setembro realizaranse no centro as probas de avaliación inicial que posibilitarán o acceso ao módulo III.
Na última semana do mes de xaneiro (desde o 26 ata o 30) levarase a cabo a avaliación global final do alumnado que estea cursando ensinanzas do módulo tres.
A reunión de avaliación celebrarase o martes 3 de febreiro.
A entrega de notas terá lugar o venres 6 de febreiro.
O alumnado que non supere ou non sexa promovido ao módulo seguinte terá dereito a unha única avaliación extraordinaria na convocatoria da última semana do mes de abril (do 27 ata o 30).
Días non lectivos:
10 de outubro. Día do Pilar.
3 de novembro. Ponte de tódolos Santos.
Nadal ( do 20 de decembro ata o 7 de xaneiro, ámbos os dous inclusive).
Módulo IV
A avaliación das ensinanzas correspondentes ao módulo catro de cada ámbito de coñecemento levarase a efecto desde comezos da segunda semana do mes de febreiro ata o 30 de xuño de 2009.
Durante os días 16,19 e 20 de xaneiro de 2009 realizaranse no centro as probas de avaliación inicial que posibilitarán o acceso ao módulo IV.
Na segunda semana do mes de xuño (do 8 ata o 12) levarase a cabo a avaliación global final do alumnado que estea cursando ensinanzas do módulo catro.
A reunión de avaliación celebrarase o mércores 17 de xuño.
A entrega de notas terá lugar o venres 19 de xuño.
Na primeira semana do mes de setembro (do 1 ao 3) establécese o calendario de avaliación para as probas extraordinarias.
A reunión de avaliación celebrarase o mércores 4 de setembro.
A entrega de notas terá lugar o luns 7 de setembro.
Días non lectivos:
Entroido ( 23, 24 e 25 de febreiro).
20 de marzo. Día do ensino.
Semana Santa ( do 6 ao 13 de abril, ámbos os dous inclusive).
Reunións
Realizarase co equipo docente unha reunión mensual o primeiro mércores de cada mes de 15:30 ata 16:30.
Titoría
O horario de titoría será os mércores desde as 16:00 ata as 17:00.
Equipo docente
NOME DO PROFESOR |
MATERIAS QUE IMPARTE |
Martín Valverde García |
Lingua Castelá e L. Inglesa. |
Beatriz Veiga Riesco |
Historia e L. Galega. |
Higinio Carracedo Cons |
Matemáticas |
Fernando Moreiras |
Ciencias Naturais |
|