Centros

San Miguel

Ensinanzas
Servicios
Información
Actividades
 
COLEGIO EL CASTRO CIRCULARES

Circular Nº-2 (Salidas 2º trimestre) PDF
Circular Nº-3 (Salidas 3º trimestre) PDF

 


ÚLTIMA CIRCULAR

COLEXIO “EL CASTRO”

 

 

 

CIRCULAR DE ACTIVIDADES 3º TRIMESTRE DEL CURSO 2007-2008

                       

Estimados pais:

                                Mediante a presente circular informamos das actividades que se realizarán  ó longo de 3º trimestre.

SAÍDAS PEDAGÓXICAS

 

 

EDUCACIÓN INFANTIL

  • Visita ó hipermercado ALCAMPO:  14 maio ( 3 e 5 anos)

       15 maio ( 4 anos).

  • Obxectivo: Coñecer o interior dun hipermercado, a fabricación do pan, o almacén de mercancías, a planta de reciclado de cartón etc.
  • 12 e 13 de xuño -  Convivencia na Granxa Escola “El Kiriko”

Obxectivos:

  • Fomentar  as relacións entre compañeiros.
  • Coñecer os animais da granxa e as súas características,  os procesos de fabricación do pan, e o coñecemento das hortalizas e legumes desta época.

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Primer Ciclo (1º e 2º)

  • Martes 1 de abril : viaxe en tren a Pontevedra

Obxectivo:

  • Coñecer un medio de transporte público e visitar a estación de RENFE.

 

  • 17 e 18 de xuño : convivencia na Granxa Escola “Fervenza do Toxo” en Silleda.

Obxectivo:

    • Poñer en contacto os nenos co medio rural mediante a realización dun traballo didáctico en técnicas agrarias e gandeiras tradicionais ademais de facilitar a convivencia dos alumnos.

 

Segundo Ciclo (3º e 4º)

  • 4 de abril : Teatro no centro cultural Caixanova  “ La mata de albahaca”
  • 21 de abril: Teatro “A vaixe de Efí”
  • Obxectivo:
    • Disfrutar dunha obra teatral.
  • 17 e 18 de xuño : convivencia no albergue ambiental EQUAL en Ourense

Obxectivo:

    • Promover conductas proxectadas á sostenibilidade e chegar a comprensión básica do medio ambiente e os seus problemas.
    • Afianzar o compañerismo e a boa relación entre os alumnos.

 

Terceiro Ciclo (5º e  6º)

  • 8 de Maio: 5º Primaria visitará a Biblioteca pública

Obxectivo:

  • Enriquecemento cultural
    • 18 e 19 de xuño  (5º e 6º) : saída de convivencia a “ O Grove”.

Obxectivo:

      • Afianzar o compañerismo e a  boa  relación entre os alumnos.

 

EDUCACIÓNS SECUNDARIA:

 

Os cursos da E.S.O realizarán no mes de xuño  unha xornada de convivencia ( data e lugar por confirmar).

 

 

 

 

 

ACTIVIDADES CULTURAIS

 

  • Do 23 ó  25 de Abril – “ SEMANA DA FANTASÍA”.

                Semana dedicada as “contos do mundo” que celebraremos con diferentes actividades para que os nosos alumnos coñezan e disfruten con lendas e contos de todo o mundo e se enriquezan coa diversidade cultural.

  • Letras Galegas

O día 16 de Maio con diversas actividades dedicadas a Xosé María Álvarez Blázquez.

Pubricárase un  número especial del boletín de Normalización Lingüística “ALICERCES. (ESO).

  • Día do patín: 17 de maio ( sábado)

Os alumnos da actividade extraescolar de Patinaxe na festa deportiva  que se celebrará nas instalacions do Instituto Municipal dos deportes (Travesas).

  • Festas do Colexio:

Durante los días 30, 31 de maio e 1 de xuño celebraremos as fiestas anuais do colexio, coa participación de todo o Grupo Educativo Castro-San Miguel. No transcurso das festas  realizaráse unha exposición dos   traballos realizados nas actividades extraescolares ,e editaráse o xornal “La Voz del Cole”.

  • Días no lectivos:

2 de maio : día do mestre.

2 de xuño ( luns): non lectivo no centro con motivo das festas.

 

 

                                                               Atentamente

 

 

 

                                                               A DIRECCIÓN