COLEGIO SAN MIGUEL 2
WWW.GECASTROSANMIGUEL.COM
CIRCULAR PRIMEIRO TRIMESTRE
Estimados nais/pais remitimosvos a información das saídas pedagóxicas e outras actividades que se realizarán ó longo do 1º trimestre do curso.
SAIDAS PEDAGÓXICAS
* EDUCACION INFANTIL
14 de Outubro visitamos o Parque de Castrelos co obxectivo de recoñecer os cambios que se producen no entorno cos cambios de estación.
15 de Novembro 3 e 5 anos visitaran o Museo do Mar co obxectivo de coñecer os animais mariños e a importancia do mar na vida dos seres humanos.
9 de Decembro os alumnos de 4 anos realizarán a visita ó Museo do Mar
* EDUCACION PRIMARIA
1º ciclo de primaria (1º-2º Curso)
28 de novembro , realizarán unha saída ó teatro Caixanova para disfrutar da representación teatral “Pinocho y medio”.
2º ciclo de primaria (3º-4º Curso)
17 de novembro asistirán no teatro Caixanova á representación ”Robin Hood”.
3º ciclo de primaria (5º-6º Curso)
10 de novembro realizarán un obradoiro onde aprenderán a elaborar unha pasta dentífrica.
EDUCACION SECUNDARIA E BACHARELATO
24 de novembro 3º e 4º ESO realizarán unha excursión a Santiago de Compostela onde visitarán a catedral e o Parlamento
FESTAS DE NADAL
20 de decembro celebraremos o festival de Nadal dentro do horario lectivo (para todos os cursos de Ed. Infantil e Ed. Primaria).Con xornada de portas abertas para as familias a partir das 13:00
19 de decembro durante a mañán os nen@s de Ed. Infantil recibirán a visita de Papa Noel.
21 de decembro entrega de calificacións. ESTE DIA NON HABERÁ SERVICIO DE COMEDOR NIN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
*A Escola Infantil (0-2 anos) celebrará o festival de Nadal o día 23 pola tarde.
As vacacións de Nadal comenzarán o día 22 de decembro e reanudaremos as clases o luns 9 de xaneiro (tal como marca o calendario da consellería de educación).
Atentamente
A Dirección |